#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Larraitz Urruzola: O Crebanoces (Conto clásico de Nadal en versión para títeres)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos/Infantil a partir de 4 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : María Larraitz Urruzola Tolosa

  • Datos de contacto : 636 379 930 - larraitzur@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.larraitzurruzola.com/o-crebanoces/

  • Sinopsis da compañia :

    Larraitz Producións Artísticas é un proxecto persoal que ten como piares a propia actriz, a súa capacidade narrativa, os títeres tradicionais, os contidos con perspectiva feminista e as protagonistas femininas como Rosalía de Castro, Francisca do Campo (madriña de Rosalía), Concepción Arenal ou Dona Barriga Verde, transformando en muller o mítico personaxe de títeres galego.  Todos estes elementos diferenciais amosan unha aposta clara por visibilizar a pegada dos referentes femininos nas artes e no activismo social.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O CREBANOCES-TEATRO/Monicreques/Conto clásico de Nadal en versión para títeres. Un espectáculo de títeres con técnica mixta, inspirado no conto de Hoffmann. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.

  • Caché con IVE : 1000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1000.0 €

  • Técnica