#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

O baúl da tía Tola: Fiadora de Soños

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : Hurlé Prods

  • Datos de contacto : 655 055 654 - obauldatiatola@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.obauldatiatola.com/

  • Sinopsis da compañia :

    O Baúl d tía Tola é unha compañía de teatro infantil adicada a crear mundos imaxinarios. A compañía nace no ano 2014 en Vigo coa finalidade de achegar a maxia do teatro ao público máis novo. Neste baúl teñen cabida todos aqueles proxectos que promovan a imaxinación, a ilusión, a alegría, a curiosidade e o interese pola cultura. Todos os nosos espectáculos son de creación propia, procurando sempre empregar materiais reciclados para as escenografías e vestiarios. Gústanos traballar con diferentes materiais plásticos descubrindo as súas posibilidades escénicas e dándolle protagonismo ao movemento, á xestualidade e ao son.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha inventora gruñona e unha rapaza chea de vida coñécense grazas a unha máquina moi especial chamada Fiadora de soños. Esta máquina fabrica cintas para soñar bonito. Xuntas forxan unha curiosa e bonita relación de amizade… …Pero cando a rapaza descobre que a cinta funciona tamén cando está esperta... todo cambia. Unha historia divertida e emotiva sobre a amizade, a imaxinación e o perigo de perderse nos soños se esquecemos vivir. Unha metáfora sobre o uso e abuso das pantallas, contada con humor, poesía e moita artesanía escénica. Un espectáculo de teatro familiar creado dende o cariño, con escenografía feita a man, moito mimo nos detalles e un fondo que dá que pensar sen dicir que facer.

  • Caché con IVE : 1980.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2310.0 €

  • Técnica