#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PEDRAS DE CARTÓN: CARAPUCHIÑA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL +4 ANOS

  • Duración do espectaculo: 40min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Carapuchi%C3%B1a/

  • Sinopsis da compañia :

    Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña coa intención de adaptar os clásicos da literatura. Crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas co obxectivo de promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Pedras de cartón presenta Carapuchiña Vermella o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares. Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece... A partir desta situación a peza xoga a desarmar os contos clásicos que todas e todos coñecemos: Os tres porquiños, Brancaneves, o Parrulo Feo, Pinocho... e a Carapuchiña Vermella. Carapuchiña Vermella é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado. Un espectáculo que xoga coas diferentes versións da historia, cunha linguaxe sinxela, para toda a familia e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

  • Caché con IVE : 1200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1300.0 €

  • Técnica