#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

COMPAÑIA ANTÓN COUCHEIRO: CIGANÍ 100%

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L.

  • Datos de contacto : 627 778 351 - distribucion@pistacatro.com

  • Páxina web do grupo : https://pistacatro.com/cigani/

  • Sinopsis da compañia :

    Antón Coucheiro é actor, cómico e guionista. Foi un dos fundadores da compañía Pistacatro no ano 2006 e integrante dos elencos de varios dos seus espectáculos (Kamikaze, Purgatorio, Sapiens, ...). Estudou teatro en Espacio Aberto e no HAMU (Praga) e Circo na Fundição Progresso (Rio de Janeiro). Realizou un máster de guión en Globomedia e estudou na Escola de Comedia de Madrid. Fixo impro (teatro de improvisación) con Omar A. Galván e clown con Leo Bassi, Eric de Bont, Jango Edwards, Phillipe Gaulier, Michel Dellaire, Carlo Colombaioni ou Johny Melville, entre outros. Traballou tamén como actor en curtas e series, Fariña, Vivir sin Permiso, Mataloboso, Pepe o Inglés, ou tamén no Centro Dramático Galego ou en compañías coma Chévere, Factoria e Matarile Teatro. Dirixiu curtametraxes e espectáculos de circo e actualmente está a cursar un máster de dirección escénica na Smae de Porto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Os xitanos balcánicos chegan á cidade. Veñen sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non saben comportarse, son un auténtico furacán na rúa. A xente rirá e chorará con eles, porque todas buscamos encaixar, todas buscamos o noso lugar no mundo máis alá de calquera fronteira, todas levamos a unha cativa tola dentro, con ganas de xogar. Tocarán, bailarán, cantarán, farán malabares con ladrillos, boxearán cos seus fillos, casarán con quen sexa, dispararán, fuxirán da policía, farán de todo por roubarlle un sorriso… e uns euros. Ao final, o grande número da mini-moto e o Salto Mortal de Lume.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2700.0 €

  • Técnica