#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARTAALONSOTEJADA: Discoteca de Señoras - SHOW

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 90 min

  • Persoa representante : Marta Alonso

  • Datos de contacto : 658 782 564 - martaalonsotejada@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1gymc_XNEZPySh_3x8V57J5ifzUA15E7o/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía martaalonsotejada A compañía martaalonsotejada nace en Galicia coa vontade de facer do escenario un espazo de encontro real co público, combinando danza, humor, emoción e participación activa. Desde unha perspectiva contemporánea e accesible, desenvolve espectáculos para teatros, rúa e espazos non convencionais, nos que o movemento dialoga coa palabra, a música, a mirada cómplice e a mediación como ponte co territorio. As súas creacións apostan pola proximidade e a conexión directa co público, formulando experiencias escénicas que activan o pensamento e a emoción desde o corpo e o xogo. Entre os seus traballos destacan: • Bailar Agora (2020), unha peza en solitario sobre o paso do tempo, a identidade e o desexo de seguir bailando, que combina a danza cun monólogo escénico de alto impacto visual. • Sofá (2022), coproducida pola MIT de Ribadavia, un dúo de humor físico e teatro do absurdo que aborda as dinámicas da vida en parella. • Dance Join (2025), un espectáculo interactivo de danza, clown e música en directo no que catro personaxes navegan os ritmos imposibles da vida contemporánea ata rematar nunha pista de baile colectiva. A compañía realizou funcións en Galicia, noutras comunidades do Estado e a nivel internacional, con actuacións en países como Alemaña ou El Salvador. Foi seleccionada e recomendada por redes estatais como PLATEA, Danza a Escena ou SAREA, e conta co apoio de AGADIC, Xunta de Galicia, Concello de Ames e Concello de Outes. O seu traballo foi recoñecido con múltiples galardóns, especialmente pola peza Bailar Agora, que obtivo: • Premio FETÉN (2022) ao Mellor Espectáculo das Noites do CCAI (Xixón) • Premios María Casares (2021): Mellor actriz protagonista, Mellor dirección e Mellor iluminación • MIT Ribadavia (2021): III Premio do Público • FETEGA (2021): Mellor espectáculo • Finalista dos Premios da Crítica de Galicia (2022) A compañía forma parte das asociacións profesionais Escena Galega, Emprendo Danza, AAAG e PAM Galicia, e mantén un forte compromiso coa creación contemporánea, o vínculo co territorio e o desenvolvemento de públicos a través da mediación.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Discoteca de Señoras... e Señores tamén! é unha proposta híbrida entre espectáculo, festa, sesión de danza participativa e acción de mediación artística, creada pola bailarina e directora escénica Marta Alonso Tejada. A experiencia combina humor, movemento e música en directo nun formato accesible para todos os públicos, cunha linguaxe próxima, vital e empoderadora. A actividade desenvólvese como unha pista de baile conducida por Marta Alonso coa colaboración estelar dunha artista DJ, onde o público é convidado a participar e a deixar atrás a rutina, o cansazo e a carga mental. O ton é festivo e liberador, apelando ao pracer de bailar e á necesidade de crear espazos de encontro, especialmente para mulleres adultas, aínda que é aberta e inclusiva para todas as idades e xéneros. Discoteca de Señoras · Show (Gran Formato) A versión Show é o formato máis expandido e escénico da proposta e inclúe sempre a presenza de bailarinas en escena, que activan e dinamizan a pista de baile xunto a Marta Alonso e a DJ convidada. Pensada para festivais e programacións centrais, transforma a discoteca nun evento colectivo de gran formato, onde a música, a danza e a celebración se articulan como unha experiencia compartida. De maneira opcional, a proposta pode complementarse cun taller previo de activación ou mediación, adaptado ao contexto e ao público participante, reforzando o vínculo coa comunidade sen perder o carácter festivo e accesible da experiencia.

  • Caché con IVE : 2200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3520.0 €

  • Técnica