#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Editorial Mago Errante: A viaxe de Nami

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 45 min

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 617 155 428 - daniel.ares.blanco@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.cronicasdelmagoerrante.com/contenido/10-espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    Daniel Ares Blanco: editor, escritor, mago, mestre e ladrón de sorrisos. Dende que fixo a carreira, dedicouse a dar clases, compaxinando con espectáculos de maxia. No ano 2014 abandona a maxia para dedicarse máis á ensinanza e a familia. No seu tempo libre escribe varios libros de fantasía e outros xéneros. No 2023 a súa filla dille que quere facer maxia e xuntos retoman o mundo do espectáculo. A maiores, abre unha editorial para poder publicar os seus libros. Nami Ares Van Puyvelde: nacida no 2016, esta rapaza quedou abraiada cando viu facer maxia. A alegría que sentiu, quere transmitirlla a outras persoas. Por iso convenceu a seu pai para facer un espectáculo. Dende entón, fixo varios espectáculos, querendo seguir actuando aínda máis.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nami é unha rapaza alegre que disfruta da vida mais, ultimamente, a súa nai está moi triste. Preocupada por ela, Nami embárcase nunha aventura máxica na procura da cura a esa tristura. Na súa viaxe coñecerá personaxes que lle axudarán a avanzar e descubrir que quizais, a solución xa está dentro dela. A viaxe de Nami é un espectáculo emotivo que combina teatro, maxia, música, humor e unha ensinanza para levar no corazón.

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica