#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Federico Pérez: Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 881 946 972 - notificacions@alvaropbecerra.gal

  • Páxina web do grupo : https://aine.gal/

  • Sinopsis da compañia :

    Ainé é unha das produtoras de espectáculo máis relevantes de Galicia logo de dez anos de traxectoria levando aos escenarios máis de trinta proxectos, e reunindo a máis de 50.000 espectadoras e espectadores cada ano nos teatros. O traballo de Ainé combina propostas de gran formato pensadas para chegar a todo tipo de públicos con iniciativas culturais singulares, relacionadas coa posta en valor do patrimonio oral, a lingua e o territorio. Entre os espectáculos máis destacados de todos os producidos por Ainé na última década destacan ‘Somos Criminais’ (2018-2025), o espectáculo coa maior recadación por venda de entradas da historia do teatro galego, con máis de 120.000 espectadoras e espectadores, a adaptación teatral de ‘Fariña’ (2019-2021) o ensaio de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia, ou ‘Corentena’ (2023-2025), a continuación nos teatros das conversas en Instagram entre Touriñán e David Perdomo durante a pandemia. Outros proxectos de recoñecido éxito na traxectoria da produtora foron ‘Bibopalula’ (2025), o primeiro musical infantil en lingua galega, ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ (2021), ‘Continente María’ (2022), ‘Códice K’ (2023), ‘Unha noite na praia’ (2019) ou ‘Agora en serio’ (2017).

  • Sinopsis do espectaculo:

    Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo. Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Vaia novidade, non? Un espectáculo de humor para que a xente ría. Pois si. Que pasa? Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte.  Vou contar todo isto e tamén o vou cantar. Porque me gusta cantar. Mal, pero gústame. E, botando man de clásicos como The Beatles ou Frank Sinatra, conto e canto historias que me conmoven, que me fan graza, que me emocionan, que me escarallan…

  • Caché con IVE : 2178.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3388.0 €

  • Técnica