#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MANUELA CONTACONTOS: AS PERRENCHAS DE ANTELA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Infantil

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante : MANUELA VARELA

  • Datos de contacto : 667 272 813 - manuelacontacontos@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.manuelacontacontos.gal/

  • Sinopsis de la compañia :

    Manuela Contacontos comeza a súa traxectoria como actriz e narradora oral no ano 1997. Desde entón e ata a actualidade desenvolveu o seu traballo en máis de trinta espectáculos con destacadas compañías teatrais, entre elas: Teatro do Atlántico, A Internacional Teatro, Centro Dramático Galego, Espello Cóncavo ou Teatro Galileo, interpretando personaxes principais como Xulieta en Romeo e Xulieta ou Roxana en Cyrano. Foi distinguida co premio á mellor actriz protagonista no V Festival Iberoamericano de Teatro de Mar del Plata 2009 (Arxentina) pola súa interpretación na obra Frida, da compañía A Internacional Teatro. Como narradora oral traballou coas compañías Falcatrua e Títeres Cachirulo e, no ano 2019, con Dínamo Xestión Cultural da man de Pedro Brandariz, realizando espectáculos de contacontos en campañas escolares para nenas e nenos desde infantil ata secundaria, así como para público familiar en auditorios. Estes espectáculos foron vistos por centos de nenas e nenos por toda Galicia, tratando temas diversos como o Entroido, o Nadal ou o Samaín, ademais doutros de especial relevancia como a igualdade. Actualmente está en xira como actriz coa compañía Teatro do Noroeste, coa que leva traballando de maneira continuada desde 2016, e como narradora oral con Manarte Producións, preparando espectáculos e campañas escolares desde 2019. Manuela artella espectáculos moi divertidos e dinámicos para todos os públicos, que educan e entreteñen á rapazada, pero que tamén conectan co público adulto. Todos eles inclúen de maneira transversal a educación en valores, facendo especial fincapé na igualdade, a inclusión social, a diversidade en todos os seus sentidos e o respecto polo medio ambiente.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Antela ten dificultades para xestionar as súas perrenchas: cando se enfada ou está triste, reacciona estoupando como se fose un globo vérmello. Será asúa avoa quen lle mostré un camiño diferente: no lugar de deixarse levar polo enfado ou a tristura, ela canta e toca a pandeireta. E cantando, axudará a Antela a descubrir que detrás das súas perrenchas hai algo moi importante: emocións que compre entender e compartir. É un espectáculo cheo de música tradicional, humor e emocións, para achegar á rapazada ferramentas para expresar como senten sen ferir nin ferirse, fomentando a empatía.

  • Caché con IVA : 450.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 450.0 €

  • Técnica