#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Constance Hurlé: O Ritual

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: +16

  • Duración do espectaculo: 15

  • Persoa representante : Hurle prods

  • Datos de contacto : 620 564 187 - constancehurle@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://constancehurle.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Constance Hurlé é unha compañía de artes do movemento de carácter multidisciplinar onde o eixo é o diálogo entre a palabra, o corpo e a música. Xorde ao redor da figura da artista galaico-astur Constance Hurlé, adicta á expresividade, no sentido máis amplo do termo, que comeza a sacar adiante producións propias na sua época universitaria en Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 daralle forma escénica ás súas creacións literarias a base de micro pezas, monólogos ou performances. Co paso do tempo afianza a súa linguaxe escénica onde tanto a poesía como a música e a danza adquirirán cada vez máis importancia, convertíndose en marca diferenciadora desta compañía. As súas pezas camiñan no filo da performance procurando unha identidade xenuina, fuxindo das categorías tradicionais de teatro, danza ou poesía. Desenvolve tres liñas principais de traballo: As performances ou pezas de pequeno formato. A poesía en diálogo coa escena ou outras artes. Pezas de danzateatro contemporáneo para sala. As principais obras da compañía ata o de agora son:

  • Sinopsis do espectaculo:

    O RITUAL é unha performance poética onde viaxaremos a través da poesía e o corpo para adentrarnos no universo da artista e acompañala na súa invocación ás tantas mulleres bruxas para, xuntas, coa forza das irmás e da sabedoría máis ancestral, facerlle fronte á sociedade patriarcal que nos tocou vivir.

  • Caché con IVE : 800.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1200.0 €

  • Técnica