#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LUART PRODUCCIONES SOC. COOP. GALEGA: A CAIXA DAS LEMBRANZAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL Y FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : LUART PRODUCCIONES SOC. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 722 399 319 - luisvazquezeav@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1t8rNiFppaQ2UXsRzSZqnWnTpw1oCDJcY/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Sociedade cooperativa galega, cuxo fin é formar, investigar e difundir o teatro de monicreques na comunidade Autónoma de Galicia facendo énfase no sector rural , conformada por: Luis Vazquez, Actor, titiritero, contacontos e director de teatro venezolano-español con máis de 28 anos de carreira artística, con especialización en teatro para nenos, ten no seu haber a participación en máis de 18 obras de teatro, percorreu toda a xeografía da súa Venezuela e participou en importantes eventos en Cuba, Colombia, Arxentina, Chile e Republica Dominicana. Conta con importantes recoñecementos, destacándose o Premio Nacional De Teatro Infantil (Premio Tin) no ano 2006, como director da obra: María Lionza, un canto á vida, onde ademais foi nomeado como mellor actor. Director Xeral do grupo Cometa de Cantaura gaño o Concurso Nacional de co-producións 2013 coa Compañía Nacional De Teatro De Venezuela coa obra Cubagua. Director Xeral de Festival Internacional De Teatro Para Os Veciños. actualmente cursando o último ano de Produción de Audiovisuais e espectáculos modalidade distancia na CIFP IMAXE E SON da Coruña Marta Yoldi, estudos no sector audiovisual o CS de Iluminación, captación e tratamento da imaxe e as FCT na película Lobos Sucios. Especializada no departamento de cámara, para o que realizo un curso a ECIB de Barcelona e anos despois o #máster de Dirección de Fotografía en cinema na ESCAC. Actualmente cursa estudos de Produción de Audiovisuais, espectáculos e eventos, no CIFP Audiovisual de Vigo Ao longo dos anos traballei con diversas produtoras e ocupado varios postos tanto nos departamentos de cámara como de produción, tocando diversos xéneros para a emisión en diferentes medios:  documental, eventos deportivos, culturais e sociais, programas para emisión en televisión e broadcast, publicidade e promoción

  • Sinopsis do espectaculo:

    ANTÍA e o seu avó Manuel compartían historias cheas de imaxinación: mares de palabras, baleas voadoras e mapas invisibles. Pero un día, a néboa do esquecemento comeza a cubrir a memoria do avó, borrando lentamente os seus recordos e a súa identidade. Guiada por unha promesa e polo amor, Antía emprende unha viaxe poética cara á bufarda do recordo, onde descubrirá unha misteriosa caixa chea de obxectos que gardan a esencia dunha vida, enfrontándose a unha presenza simbólica, O ESQUECEMENTO, que devora recordos. Antía comprenderá que “os recordos non desaparecen, só cambian de lugar”. Unha obra visual e emocional sobre a memoria, a identidade, o vínculo interxeracional e o poder do recordo.

  • Caché con IVE : 2662.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146.0 €

  • Técnica