#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Editorial Mago Errante: Maker Maxia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +8

  • Duración do espectaculo: 120 min

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 617 155 428 - daniel.ares.blanco@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.cronicasdelmagoerrante.com/contenido/10-espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    Daniel Ares Blanco: escritor, mago, mestre e ladrón de sorrisos. Dende que fixo a carreira, dedicouse a dar clases, compaxinando con espectáculos de maxia. No ano 2014 abandona a maxia para dedicarse máis á ensinanza e a familia. No seu tempo libre escribe varios libros de fantasía e outros xéneros. No 2023 a súa filla dille que quere facer maxia e xuntos retoman o mundo do espectáculo. A maiores, abre unha editorial para poder publicar os seus libros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Maker Maxia é moito máis que unha viaxe ao mundo da maxia: é unha experiencia onde a imaxinación e a creatividade cobran vida. Os participantes mergullaranse no apaixonante universo das ilusións, apren- dendo non só a realizar xogos de maxia, senón tamén a deseñar e construír os seus propios trucos, empregando materiais simples e técnicas inspiradas na filosofía maker. Cada truco será único, un reflexo do enxeño persoal de cada creador, e ao final levarán consigo algo máis valioso que a maxia: o poder de transformar ideas en realidade e de engaiolar aos demais coa súa capa- cidade para innovar. Con Maker Maxia, descubrirás que a verdadeira maxia está nas túas mans. Sorprende, crea, imaxina..

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica