#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ButacaZero: Melón Pelado

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 30

  • Persoa representante : María Esther Fernández Carrodeguas

  • Datos de contacto : 629 694 432 - oficina@butacazero.com

  • Páxina web do grupo : https://butacazero.com/espectaculos/melon-pelado/

  • Sinopsis da compañia :

    ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga coa actualidade dende unha mirada crítica e irónica. ButacaZero popularizouse en Galicia no ano 2016 grazas á estrea de Voaxa e Carmín na Mostra Internacional Ribadavia e desde entón investigaron o esquecemento con na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], a identidade galega con #camiños (en coprodución co CDG), a vida de María Casares con Despois das ondas, a vida confinada con 32m2, a violencia machista coa ópera Papagena e a gordofobia con O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, estreada en 2023 no Teatro del Barrio. Coas súas obras estiveron en case todos os teatros e festivais de Galicia, dende a MIT ao FITO pasando pola Mostra de CEE, a Internacional de Teatro cómico e festivo de Cangas e o novísimo festival de teatro contemporáneo USCénica. As súas montaxes foron recentemente recoñecidas co Premio do Público na 40ª MIT de 2024, así como mención especial dos programadores da Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca. Ademais, en 2025 recibiron nove Premios de Teatro María Casares co seu espectáculo IRIBARNE, co que tiveron varias nominacións aos Premios Max. Estes últimos anos dan un paso adiante apostando por un novo modelo de xestión creativa expandida e transmedia, produto da cal nace IRIBARNE en coprodución co Centro Dramático Nacional. Unha nova etapa ButacaZero con moito máis risco tanto empresarial como político e por suposto: artístico

  • Sinopsis do espectaculo:

    Dúas titiriteiras abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Arranca o conto. España, mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1936.0 €

  • Técnica