#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AANTENA: MOZAS NAS REDES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/adulto/aAntena/

  • Sinopsis da compañia :

    Bernardino Martínez e Xosé Leis xuntan os seus camiños e esforzos creando aAntena no ano 2016. aAntena nace coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana e expón como principio atender á nosa sociedade e á nosa historia para expoñela diante dos ollos da audiencia. Pretende escoitar e falar para todas as idades . O compromiso social e histórico dos compoñentes así como a procura da xeración de atmosferas e novas realidades en escena é o desencadeamento do xerme de aAntena. A compañía traballa en dúas liñas claras: Igualdade e Recuperación do noso patrimonio invisible. Neste 2022 súmanse a recente experiencia de Teatro Comunitario e recollida “As voces das mulleres” e a xestión do Festival Escena Muller apoiados pola Deputación da Coruña. Así como a continuidade do espectáculo “Golpes” coa Secretaría Xeral de Igualdade. Mantendo en cartel o espectáculo sobre a memoria da Costa da Morte “Naufraxios”. En 2025 estrean "Sol Fuerza", unha comedia eco-lóxica que une retranca, memoria e crítica social.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo teatral unipersoal onde a actriz incorpora a catro mozas adolescentes de diferentes estratos sociais, con diferentes aptitudes académicas e con distintas situacións familiares. Cada unha delas vai presentando como foi o momento en que foron forzadas a facer algo que non querían. Todas falan polo seu móbil, polo ordenador e tratan de atopar e distinguir cales son os seus espazos de conflito así como os lugares de confort. Todas relaciónanse con figuras masculinas que aparecen como voces en off para que só vexamos as dificultades ás que son sometidas as mozas nas redes. Intercalada con cada episodio preséntase unha TikToker quen, usando o baile e a música pegadiza, vai divulgando palabras claves que debemos rexeitar ou engadir nas nosas comunicacións online .Utilizando un sinxelo método de pegar cartelas en biombos deseñados para soportar estas cartelas informativas consistentes en palabras únicas. Reproducindo, deste xeito analóxico o modo en que presentan as divulgadoras nos novos medios de comunicación. Estíbaliz Veiga navega na dramaturxia de Bernardino Martínez baixo a dirección de Xosé Leis presentando un espectáculo unipersoal onde se expoñen os camiños e fases do Grooming. Tomando como partida esta conduta delituosa de acosos en redes sociais, a actriz incorpora unha sucesión de situacións onde diferentes rapazas foron caendo nas teas de araña de acosadores na rede. Unha sucesión de episodios onde a actriz muda de personaxe, facendo a trama de cada unha das acosadas .

  • Caché con IVE : 1200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1500.0 €

  • Técnica