#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

XAROPE TULÚ: BAILEN AS VELLAS. OS CONTOS DAS CEREIXAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Bailen-as-vellas.-Os-contos-das-cereixas/

  • Sinopsis da compañia :

    Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia no ano 2010. No ano 2015 fundou xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. No ano 2019 traballa como actriz na montaxe do Centro Dramático Galego: Neorretranca e posmorriña. Ademais, no mesmo ano, pasa a formar parte do elenco de Mai Mai, espectáculo da compañía Baobab Teatro. No 2021 comeza o seu proceso de investigación Mudar, un traballo sobre a memoria das mulleres encadrado dentro do programa Violencia Zero-Mulleres en acción. No ano 2022 funda xunto ao bailarín Diego M. Buceta o Colectivo Barriga&Muleta co que participan nos Encuentros de Creación da Red de Teatros Alternativos dese mesmo ano. En decembro de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración oral para público adulto Vicio Houbo Sempre co que participa nos Festivais Sete Falares de Pontevedra e Versión Original na Sala DT de Madrid. No ano 2024 forma parte do elenco de Os Actos e as Profecías do Centro Dramático Galego. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA. Vero Rilo fórmase con referentes da narración oral galega e internacional como Charo Pita, Tim Bowly, Quico Cadaval, Pepito Mateo, Nono Granero, Paula Carballeira, Rodorín, Pablo Albo ou Soledad Felloza e asiste as Escolas de Verán AEDA 2015, 2017, 2018 e 2019. Inicia a súa Formación Actoral con Carlos Neira EspazoAberto, Santiago de Compostela nos anos 2015 e 2018. No 2013 emprende da man do acordeonista Santi Prieto, o proxecto de narración e música para público familiar Daboapipa, ao que seguirán Rilo&Penadique (2017) coa acordeonista Sonsoles Pendique e Apatacón (2018) coa vocalista Faia Díaz. No 2019 protagoniza Divas de Diván coa compañía Tarabela Creativa xunto as narradoras Ángeles Goás e Carmen Conde. No 2019, tomando o relevo da actriz principal, xira coa obra teatral O valo, dirixida por Iván Prado, con Pallasos en Rebeldía. No 2024 fai nacer o proxecto multidisciplinar Indóciles, coa música Mónica de Nut e a poeta Nuria Vil, arredor da figura de Luísa Villalta. Neste mesmo ano, incorpórase ao elenco actoral da compañía Berrobambán, da man de Paula Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023) coa obra Mulleres que viven soas. Actualmente traballa na compañía Vero Rilo, ao só ou con músicos como Santi Cribeiro e Luís Iglesias. Forma parte da Asociación de Narración Oral Galega NOGA.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha proposta de narración oral para público adulto de Atenea García e Vero Rilo. Bailen as vellas traslada ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron. A proposta reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral protagonizadas polas mulleres. Porque os contos, coma as cereixas, cando os levas á boca, fan imposible non querer máis. E así, coma a vida e a amizade, funciona esta proposta: botando contos á boca, un tras outro.

  • Caché con IVE : 1210.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica