#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BERROBAMBÁN: BEGOÑA CAAMAÑO: O TRANSGREDIR DAS ONDAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Bego%C3%B1a-Caama%C3%B1o:-o-transgredir-das-ondas/

  • Sinopsis da compañia :

    Berrobambán é unha das compañías teatrais máis consolidadas do panorama galego. Dende o ano 2000 producen un total de dez espectáculos teatrais para público familiar e que tiveron un notable éxito de público, converténdose nunha das compañías galegas con maior número de espectadores. Teñen participado en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea e Canadá e, polo medio, organizan o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia e o Circo-lar, unha programación familiar para a Consellería de Cultura. O CDG encárgalle A Cabana de Baibaiga, a adaptación dun conto ruso con moita, moita música. Tamén realizan espectáculos de animación á lectura que os levaron por moitas bibliotecas e centros educativos. Neste tempo estrearon moitos espectáculos para público adulto e para público infantil e familiar.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha peza unipersoal de Berrobanbán que reivindicar a condición de xornalista radiofónica de Begoña Caamaño abordando temas fundamentais na súa obra como a igualdade entre homes e mulleres, a solidariedade e implicación cos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos e a importancia da liberdade de expresión no xornalismo. Na peza, unha xornalista recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. "Begoña e África coñecéronse na facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela un 8 de marzo do ano 1997. Foi na asemblea de constitución da asociación Mulleres Galegas na Comunicación. África volvera de Madrid había pouco. 'Vinme a min mesma a través dos ollos de Bego, a vontade de loita dos meus tempos de antes' . Así describiu o encontro no seu diario. África morreu hai uns días. Este caderno é das poucas cousas que conservo dela. Quero falar de Begoña Caamaño porque son xornalista e porque é a persoa que máis aparece nas liñas que escribiu África, a muller que me confiou as súas lembranzas." Este é o punto de partida de Begoña Caamaño: o transgredir das ondas, unha peza de teatro protagonizada por unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Begoña, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais nos que participou. Porén, durante a gravación deste podcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual que as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa historia.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2245.0 €

  • Técnica