#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AMORODIO TEATRO: BRAZALETES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 666 129 454 - amorodioteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://amorodioteatro.com/espectaculos/brazaletes

  • Sinopsis da compañia :

    AMORODIO Teatro, formada por Carmen Facorro e Javier Castiñeira, a compañía nace da eterna contradición entre o amor e o odio cara á nosa terra. Como galegas, levamos moi dentro esa frase de «amor do que marcha e odio do que fica», e nós, como sempre dicimos: «non queremos marchar, queremos ficar aquí». Reino da extinción foi o noso debut como compañía no ano 2021. Con A nai, a nosa segunda produción, consolidámonos. Neste segundo proxecto, dirixido por Marián Bañobre e coa dramaturxia de Laura Porto, obtivemos o Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade e a nomeación a Mellor Texto Orixinal nos Premios María Casares 2024. Cortello de amor foi a nosa terceira produción, e con ela queremos acercar el teatro a todas y todos os galegos. Para eso, utilizamos a música e a comedia, dúas das disciplinas máis reclamadas polo público. Con Brazaletes recuperamos a nosa aposta polo teatro documento, unha fórmula que tan ben nos funcionou e que tanto disfrutamos desde 2023.

  • Sinopsis do espectaculo:

    TRAILER: https://www.youtube.com/watch?v=e_S8L20uu-w 28 de setembro de 1975. Campos de Sport de El Sardinero. Domingo de partido. O Racing de Santander recibe ao Elche na xornada catro do campionato de Primeira División. O colexiado asubía e o encontro dá comezo. Sobre o céspede, o xogo discorre con absoluta normalidade, mais un murmurio agroma na grada cada vez que os xogadores locais Aitor Agirre e Sergio Manzanera tocan o balón. Nas mangas branquiverdes das súas camisas, o dianteiro centro e o extremo racinguistas levan dous cordóns negros a modo de brazaletes. Eles dous foron as únicas persoas, das miles que estaban naquela tarde no estadio santanderino, que, con ese pequeno xesto, se atreveron a desafiar a unha ditadura agonizante e a protestar contra os derradeiros fusilamentos do réxime franquista. Brazaletes, a nova produción de Amorodio Teatro, toma a acción simbólica de Agirre e Manzanera para reconstruír a historia dos últimos fusilamentos do franquismo e das reaccións da sociedade civil da época, a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Amorodio Teatro presenta un espectáculo unipersoal que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e memoria colectiva, para lembrar que calar nunca pode ser unha opción. Porque, como escribiu Eduardo Galeano, «por suerte, todavía aparece en las canchas, aunque sea muy de vez en cuando, algún descarado carasucia que se sale del libreto y comete el disparate de gambetear a todo el equipo rival, y al juez, y al público de las tribunas, por el puro goce del cuerpo que se lanza a la prohibida aventura de la libertad».

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2400.0 €

  • Técnica