#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BRAIS DAS HORTAS: Comisión de Festas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: intantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 645 053 589 - ola@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://charlatana.org/artistas/brais-da-hortas

  • Sinopsis da compañia :

    Brais das Hortas é músico, clown e narrador, cunha traxectoria de máis de 25 anos enriba dos escenarios. Coa súa compañía unipersoal percorre todo o país cos espectáculos "Consertasso na Horta", "Zona en obras", e "Contos para caghar patatillas", para público infantil-familiar e "Contos de defuntos (e outros asuntos)" para público adulto. Forma parte de proxectos musicais como Blues do País ou Sacha na Horta, e ao longo da súa carreira integrou formacións como Mamá Cabra, Sons Miúdos ou Banda Fura Fura. Tamén colaborou con artistas como Ataque Escampe ou Sofía Espiñeira, ademais de compoñer música para diversas bandas sonoras. No ámbito do clown, traballa xunto a Peter Punk Pallaso nos espectáculos "Concerto PunkInfantil" e "Peter Punk e o Neno Imperdible", propostas cheas de enerxía e interacción co público. Como narrador oral, forma parte da Tropa de Trapo, xunto a Marta Ortiz, coa que realizou numerosas xiras e campañas escolares por todo o territorio. Ao longo da súa traxectoria, Brais das Hortas consolidou un universo artístico propio, no que a música, o humor e a palabra se mesturan cunha forte conexión co público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Brais das Hortas ten un plan: armar a festa. Pero non o pode facer só. Precisa unha Comisión de Festas. Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de Festas. A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa. E aínda hai máis! Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun Calambrasso no braso, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo... Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.

  • Caché con IVE : 1100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1100.0 €

  • Técnica