#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MANARTE PRODUCCIONES, BUCANERO E ABISMO CARACOL: RÚA TULIPÁN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : MANARTE PRODUCCIONES

  • Datos de contacto : 626 245 362 - produccionesmanarte@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://abismocaracol.es/archivos/700

  • Sinopsis da compañia :

    TRAXECTORIA ARTI´STICA MANARTE, BUCANERO e ABISMO CARACOL Manarte Producciones inicia a su´a andaina a fina´is do ano 2015 coa produccio´n de "Manar. A Derradeira Caravana", en versio´n galega e castela´n. Este texto, escrito e dirixido por Lino Braxe, xirou dentro e fo´ra de Galicia obtendo numerosas funcio´ns e moi boas cri´ticas. Con Lino Braxe e Teatro Proscrito produce varios dos seguintes especta´culos como por exemplo "O Paseo das Esfinxes", de Lui´sa Villalta, ou lecturas dramatizadas de textos tan significativos para a nosa cultura como "Esquema de Farsa", "Midas" e a "Soldadeira", todas elas levadas a escena na Fundacio´n Lui´s Seoane. Tame´n coproduce coa Ci´a Bucanero os especta´culos de comedia "Sesio´n Continu´a" e "Eurovisio´n. O fake Show", e xunto ao cri´tico teatral e escritor Javier Villa´n, levan a escena "Poli´tica Sentimental. El encuentro necesario entre Mari´a Casares y Albert Camus", estreado no Teatro la Guindalera no ano 2018 e, posteriormente, reali´zase unha nova versio´n en galego coa que se xira por boa parte do pai´s e que forma parte da programacio´n da Xunta de Galicia para conmemorar o Centenario de Mari´a Casares, a fina´is do 2022. No 2024 coproduce xunto a Abismo Caracol o especta´culo infantil “Pulgarcita”. No Eido audiovisual produce en 2021 a peza documental "As Cadernas de Olloboi", dirixido por Ana Moreiras e ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021. Tame´n coa colaboracio´n da Xunta de Galicia e da Embaixada Espan~ola en Francia realiza en 2022 a road movie "Tralos Pasos de Mari´a Casares", peza creada polas actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida. Bucanero e´ unha compan~i´a de teatro, fundada por Pedro Picos e Xose´ Bonome no ano 2001 ESPECTA´CULOS REALIZADOS: Ja´nsel e Po´nsel 2001, Tres Notas 2002, Se Normal: Vota Substancia Bucanera 2003, Por un Millo´n de Do´lares 2005, Kungfundidos 2011, A delgada lin~a boba 2013, De peli´cula 2013, Os amos do mundo 2015, Perfectos imbe´ciles 2018, Sesio´n continua 2019, Putos unha historia de amor 2020, Eurovisio´n (O fake show) 2021. Co´micos no programa Luar da TVG 2004 a 2005 e 2012 a 2013, Bucanero actu´a:Feira da Artes Esce´nicas de Galiza entre os anos 2001 a 2006 e 2015. Feira de Teatro de Castilla la Mancha no ano 2006. Feira Garnacha de La Rioja no ano 2003. Semana do humor en Bilbao nos anos 2002 e 2003. Xornadas Gastrono´micas de Donosti no ano 2004. Festival de Teatro de Maia (Portugal) nos anos 2004 e 2006. Universidade de Deusto no ano 2003. E nos escenarios ma´is e menos importantes de Galiza. Directores dos especta´culos de Bucanero: Santi Prego, Iolanda Muin~os, Lino Braxe, Xavier Deibe, Rebeca Montero Abismo Caracol e´ unha produtora audiovisual e teatral galega fundada por Dari´o Autra´n, creador, director e dramaturgo. Desde 2009 desenvolve proxectos de cine e teatro cunha marcada identidade autoral e percorrido profesional. No a´mbito audiovisual destacan as longametraxes El cuarto de Mona e El Tirabeque, estreada en salas de cine comerciais e posteriormente recon~ecida con premios internacionais, inclui´dos galardo´ns en Nova York e no City Blue Films Festival. As su´as producio´ns contan con distribucio´n en plataformas e presenza en festivais. No teatro, Abismo Caracol ten un amplo percorrido con obras como Todo Nunha Noite, Relatos Negros e Entelequias, representadas nos principais circui´tos galegos. O seu traballo aposta por textos propios, linguaxe contempora´nea e unha visio´n cri´tica da realidade.

  • Sinopsis do espectaculo:

    RÚA TULIPÁN Rúa Tulipán é unha comedia absurda, política e surrealista de 70 minutos que comeza na porta dunha rúa moi especial. Alí traballa FABIÁN, un gardián que asegura ter vixiado momentos históricos imposibles, pero que confesa que o máis difícil que gardou nunca foi a súa propia conciencia. GERARDO, un xefe autoritario de barrio, entrevístao porque quere crear unha rúa perfecta, ordeada e feita á súa imaxe. Todo se complica cando aparece MARINA, a ex moza de ZAMORA. Zamora vai casar con MÓNICA e Marina chega chea de celos e curiosidade: precisa saber quen é esa muller e por que a substituíu tan rápido. O que Marina non sabe é que esa voda, anunciada como o gran acontecemento de Rúa Tulipán, agocha algo tan sorprendente como triste. Entre interrogatorios absurdos, conversas que non levan a ningures, festas que nunca chegan a empezar e personaxes que soñan con controlar o mundo dende unha simple porta, Rúa Tulipán convértese nunha comedia chea de humor, ironía e humanidade. Unha obra divertida e incómoda á vez, sobre os celos, o poder, o amor e esa teima tan nosa de querer poñerlle portas á vida.

  • Caché con IVE : 3500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4000.0 €

  • Técnica