#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Larraitz Urruzola: A Fada Begoña! (Letras Galegas Begoña Caamaño)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 45

  • Persoa representante : María Larraitz Urruzola Tolosa

  • Datos de contacto : 636 379 930 - larraitzur@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.larraitzurruzola.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Larraitz Urruzola Producións Artísticas é un proxecto persoal que ten como piares a propia actriz, a súa capacidade narrativa, os títeres tradicionais, os contidos con perspectiva feminista e as protagonistas femininas como Rosalía de Castro, Francisca do Campo (madriña de Rosalía), Concepción Arenal ou Dona Barriga Verde, transformando en muller o mítico personaxe de títeres galego.  Todos estes elementos diferenciais amosan unha aposta clara por visibilizar a pegada dos referentes femininos nas artes e no activismo social.   www.larraitzurruzola.com

  • Sinopsis do espectaculo:

    Circe, Penélope, Morgana, Xenebra e unha monicreque chamada Fada Begoña, serán as protagonistas deste repertorio de narración oral, onde cuestionar o patriarcado e reivindicar outra maneira de ver o mundo a través deses referentes femeninos da mitoloxía grega, das lendas artúricas e da Odisea que Begoña Caamaño nos trasladou nos seus libros Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle

  • Caché con IVE : 500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 500.0 €

  • Técnica