#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

GRUPO OURIOL: DE NOME ROSALÍA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto e xuvenil

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : CHIRIPA

  • Datos de contacto : 636 397 722 - eva@chiripa.es

  • Páxina web do grupo : www.chiripa.es

  • Sinopsis da compañia :

    Grupo Ouriol son a poeta e comunicadora Eva Veiga, os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, e o artista plástico Alfonso Costa. Traballan con entusiasmo e rigor, compoñendo a música ex professo en directo e facendo unha ben estudada escolla dos textos para unha actuación amena e coherente. Ademáis inclúen proxeccións visuais e outros elementos escenográficos do artista.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A poesía de Rosalía, universal e sempre de absoluta vixencia, está adoito presente en diferentes recitais do Grupo Ouriol, mais con este título queremos celebrala nun espectáculo monográfico dedicado a toda a súa poesía, sobre todo á contida en “Cantares Gallegos” e en “Follas Novas”. É un recital poético recitado pola poeta e comunicadora Eva Veiga, e musicalizado polos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, en combinación coa obra do artista plástico Alfonso Costa. Experiencia multidisciplinar que conxuga poesía, música en directo e arte plástico. A pretensión fundamental é chegar a todos os públicos, dende rapaces a adultos. O espectáculo é moi vesátil e adaptable a distintos espazos.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica