#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L.: ORQUESTA DE MALABARES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L.

  • Datos de contacto : 627 778 351 - distribucion@pistacatro.com

  • Páxina web do grupo : https://pistacatro.com/orquesta-de-malabares/

  • Sinopsis da compañia :

    PISTACATRO é a compañia e a produtora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribúe as súas propias producións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras 20 anos desde a súa constitución, no ano 2006, Pistacatro pretende continuar asentándose como a produtora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural, respectando os dereitos dos traballadores e artistas que, dalgún modo, participan no noso proxecto. Queremos ser un catalizador que permita a comunicación con outras persoas e proxectos para xerar cultura en coprodución ou en colaboración manténdonos fieis á nosa complicidade co público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Á semellanza do fume, o circo, na súa evolución xeométrica cara o futuro, penetra por todas as portas, ventás e fendas do panorama escénico. Neste caso ocupa os espazos baleiros entres os atrís e as cadeiras dos músicos dunha banda municipal. Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo. A banda municipal e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común. En definitiva, este é un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistráis obras clásicas pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

  • Caché con IVE : 7000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 7000.0 €

  • Técnica