#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TARABELA CREATIVA: O MEU PAI NACEU O MESMO ANO QUE MICK JAGGER

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90 MINUTOS

  • Persoa representante : CULTURACTIVA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - erica@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://tarabelacreativa.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión cultural; Carmen, dramaturga, directora e narradora. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual… A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral e obras teatrais para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en mostras e festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “De perto”, “A boca chea”, “Sete falares”, “Oikonomos”, “Festival Escena Muller”… A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia “Quéreme soar!” para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da dirección artística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias. Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O pai de Carmen Conde foi durante décadas especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial. Un home que resolveu delitos e crimes descifrando a palma da man de quen os levaba a cabo. Como unha especie de nigromante, pero guiado pola ciencia. Como resultado, centos de atestados, quedan conta da cartografía delictiva dunha Galicia delirante. Nesta comedia marxista (si, marxista), destápase un entramado con bombas, carteiristas, estafadores, ladróns, leite tóxico de Chernóbil e os capos hippies da marihuana. Que unen forzas e tamén se obstaculizan mutuamente para cobrar unha herdanza millonaria que ten unhas condicións moi peculiares para ser recibida. Todo mentres se fai unha comparativa imposible entre as dúas biografías que dan título á obra: a do pai de Carmen e a de Mick Jagger. Nunha dualidade na que ademais de ver as distintas “intelixencias” da Garda Civil, tamén seguiremos a liña de pensamento das mentes delicuentes. E todo (TODO) baseado en feitos reais. Cunha escenografía polivalente que mistura o escenario de rock e o camarín de súper estrela, co laboratorio de revelado de fotografía e de estudo de impresións dixitais, así como a máquina de escribir os atestados. Ademais dunha banda sonora que se rende ás evidencias: The Rolling Stones. Unha historia contada co ritmo frenético de “Snatch, cerdos y diamantes". Porque xulgar a un delincuente semella moi fácil ata que a vida nos coloca exactamente na súa posición.

  • Caché con IVE : 3509.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3751.0 €

  • Técnica