#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Cia. Eva Comesaña: TerraFIRME

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 20 minutos

  • Persoa representante : Eva Comesaña

  • Datos de contacto : 660 788 376 - eva.cs93@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://evascenica.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Eva Comesaña comeza coa compañía en 2022 coa peza TerraFIRME, un solo de danza contemporánea pensado para espazos non convencionais que fai unha oda dancística ás nosas ancestras que traballaron mar e terra. Continúa coa creación agora acompañada para crear Perder a lingua, xunto a Rubén Fernández (músico), Eva Antelo (artista visual) e Macarena Palacios (escenógrafa e iluminadora) para crear esta peza escénica de larga duración para salas e teatros onde o idioma e o territorio está no centro. Está formanda en danzas urbanas e danza contemporánea, formando parte da xeración 4 da formación profesional de danza contemporánea Oficina Zero. A nivel colectivo, é unha das co-fundadoras do colectivo feminista de artistas 85C e fai parte dos proxectos Teatro Gorrilla e Macarena War

  • Sinopsis do espectaculo:

    Solo de danza contemporánea de 20 minutos de duración. Creado por Eva Comesaña para todos os públicos e espazos non convencionais rúa e salas alternativas. Peza que navega entre diferentes mares para atopar tradición, costumes e calma na terra. Oda dancística ás nosas ancestras, que puxeron o corpo para loitar e ser resistencia, camiño e alento TerraFIRME como búsqueda dun lugar que habitar e desenvolver a vida. Un lugar firme e seguro onde afondar nas raíces propias, cheas de coñecemento e sabiduría Reflexiónase e ponse de manifiesto as labores das nosas avoas, tanto no mar como en terra, onde o corpo é o campo de batalla. Cultura, xentes e formas de facer en comunidade son a esencia do son, imaxes, movemento, cores e texturas desta peza que fala de lugares rurais e marisqueiros, onde os corpos son esclavos do traballo. Corpos que se ven modificados polo esforzo, a repetición, o peso e a resistencia. Corpos que celebran, soltan as cargas e se liberan entre terra e mar.

  • Caché con IVE : 726.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 926.0 €

  • Técnica