#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LABORATORIO ESCÉNICO: MONTE

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 20 min

  • Persoa representante : LABORATORIO ESCÉNICO S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 675 461 907 - albafdezcotelo@hotmail.com

  • Páxina web do grupo : https://laboratorioescenico.gal/

  • Sinopsis da compañia :

    Laboratorio Escénico é unha compañía de artes escénicas creada en 2019 baixo a dirección do cooperativa Laboratorio Escénico Coop. Da man das tres socias, Alba Fernández (creadora, bailarina e profesora de danza) e Carmen Cotelo (actriz,directora e profesora de teatro) e Alicia López (bailarina e creadora escénica e audiovisual) teñen actualmente 4 espectáculos en xira e 2 en proceso de creación. A súa obra caracterízase polas temáticas sociais e a mestura de disciplinas escénicas, como a danza, o teatro e a música. Tamén xestionan o centro Laboratorio Escénico Coop, sede da compañía, que se dedica á formación, creación e investigación das Artes Escénicas na Coruña. É actualmente un centro de referencia para as Artes Escénicas en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    MONTE é un espectáculo de danza e teatro para rúa e espazos non convencionais. É un achegamento ós puntos en común que temos entre Galiza e Cuba, poñendo o énfase, por unha banda, na danza, o teatro e a música, e por outra, na natureza.Todo isto dende a visión híbrida da muller emigrante. Isto é, crearemos a ficción entre dous mundos, entre dúas culturas. É unha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta. Unha muller forte e sabia, que coñece todos os segredos do MONTE e ven do mar. Coñece todas as herbas, todas as lendas e os brebaxes, e manten unha forte conexión coa terra, cos tambores, coa voz e coa clave.

  • Caché con IVE : 1331.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica