#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Ferradás & María de Vicente: Diz-me, meu amor

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 15 minutos

  • Persoa representante : Amarelo - Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://www.amarelo.es/gl/diz-me

  • Sinopsis da compañia :

    Raquel Ferradás é bailarina e profesora de danza contemporánea e moderna. Actuou como bailarina en espectáculos de compañías como Paula Quintas Cía, Cía La Galga, Aracaladanza ou La Intrusa. Recibiu o premio Recorrido SóLODOS polo seu espectáculo "Mesura". María de Vicente formouse no Conservatorio Mayeusis de Vigo e nos centros Area Espai de Dansa i Creació e Cobosmika de Barcelona. Baila en Dique coa compañía Nova Galega de Danza, coa compañía de teatro Nauta, e prepara o seu espectáculo en solitario A Mona de Seda.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva. Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.

  • Caché con IVE : 1430.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1870.0 €

  • Técnica