#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BENGALA TEATRO FÍSICO : ALICIA WANTS TO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir dos 12 anos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : VÓRTICE S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 607 867 677 - vorticecoop@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.bengalateatrofisico.com

  • Sinopsis da compañia :

    BENGALA Teatro Físico é unha compañía) formada por artistas multidisciplinares que conxugamos as nosas diversas perspectivas e disciplinas artísticas cara un mesmo obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas. Vivimos nun mundo convulso que demanda afondar e achegar luz ás problemáticas sociais máis alarmantes. Deste xeito, apostamos por unha linguaxe plural na que combinamos diferentes artes vivas coa intención de facer un teatro que envolva e atravese, sobre todo ao público máis novo. Cremos no teatro como un espazo onde é posible investigar a actualidade e trasladar todas estas cuestións á sociedade, interpelándoa activamente co obxectivo de fomentar o seu espírito reflexivo e pensamento crítico. Creamos dende os View Points e construímos a dramaturxia dende a pregunta: Por que se precisa esta obra agora? Espectáculos: 2025 – EN CARNE VIVA An González | Andrea Maseda | Estrella Tomé | Estela del Río | Alicia López | Lydia Prada 2026 – ALICIA WANTS TO An González | Andrea Maseda | Estrella Tomé | Estela del Río | Alexia Villar www.bengalateatrofisico.com | @bengala.teatrofisico

  • Sinopsis do espectaculo:

    Esta é a vida, a partida de Alicia, ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas. Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sofre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso. A peza comeza cando Alicia sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual. A historia está construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e polo tanto decidindo como continúa o espectáculo. Unha dramaturxia inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.

  • Caché con IVE : 4840.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5624.0 €

  • Técnica