#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Colectivo Glovo: Trïade

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 15 minutos

  • Persoa representante : Hugo Pires Pereira

  • Datos de contacto : 604 002 295 - colectivoglovo@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.colectivoglovo.com/gl/repertorio-triade

  • Sinopsis da compañia :

    Somos a compañía Colectivo Glovo, unha compañía de danza galaico-portuguesa con sede en Galicia, codirixida por Hugo Pereira e Esther Latorre. Dende a súa fundación, Colectivo Glovo percorreu diferentes países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica, Corea do Sur, Indonesia e Francia, entre outros. Coas súas pezas recibiu diversas mencións e premios en festivais de Europa. Hugo e Esther son os bailaríns, directores e coreógrafos da compañía. Contan cunha ampla traxectoria individual, formando parte de xiras internacionais con distintas compañías arredor do mundo, e recibiron numerosos premios, mencións e bolsas ao longo da súa carreira. Ademais, son os creadores e responsables do Programa de Residencias “Atopémonos Bailando” na cidade de Lugo (Galicia).

  • Sinopsis do espectaculo:

    TRÏADE ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vincularse e bailar desde o coidado e a escoita nun espazo feminino que procure unha xenealoxía femenina, un orden simbólico persoal e independiente, inspirado pola triada luar e a súa idea do eterno retorno - vida, morte e renacemento – resultando nunha peza de curto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás ancestras e ás raíces.

  • Caché con IVE : 1500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1800.0 €

  • Técnica