#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Feroz: A Fortaleza

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: maior de 16

  • Duración do espectaculo: 75

  • Persoa representante : A Feroz

  • Datos de contacto : 636 653 019 - aferozferoz@gmail.com

  • Páxina web do grupo : aferoz.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A Feroz é unha compañía de teatro integrada por artistas heteroxéneas, desexosas de levar á escena as suas preocupacións e obsesións máis íntimas. Falamos das nosas cousas porque estamos convencidas de que o íntimo é universal e o persoal é político. No noso percorrido, que en 2026 completa dez anos, temos traballado sobre a pasaxe á madurez da nosa xeración, o feminismo e a relixión católica, a vontade de pracer ante a certeza da morte, entre moitos outros temas. Sexa cal for a súa complexidade, abordámolos sempre con ironía, poesía e xogo — esa é a nosa marca, o noso modo de ollar o mundo desde hai unha década. !! Nace en 2016 coas ansias de dar contexto ao noso amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar a partir das entrañas o que nos acontece; amor pola mestura das artes, das disciplinas, das ciencias, dos corpos e dos ollares. Esta compañía nace coa vontade clara de, xuntas, transcendermos as nosas barreiras persoais para poñer en común, en escena, as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos para a vida como promesa: todo o que temos fica depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Neste artefacto dramático o escenario convértese nun territorio de memoria, resistencia e preguntas urxentes. Inspiradas pola figura da guerrilleira galega Chelo, abrimos unha fenda no tempo para explorar as pegadas invisibles da loita, a herdanza que arrastramos e as violencias —íntimas e colectivas— que nos atravesan antes de que estoupe calquera guerra. A obra non procura contar unha biografía, senón activar unha reflexión dende o corpo, a imaxe e a palabra. Entre documentos, accións performativas e memoria encarnada, esta peza propón unha viaxe escénica que nos lembra que cada xesto pode ser unha forma de resistencia.

  • Caché con IVE : 5929.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6800.0 €

  • Técnica