#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TANXARINA: A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A IA FANTÁSTICA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: 4+

  • Duración do espectaculo: 50 min

  • Persoa representante : TANXARINA

  • Datos de contacto : 610 442 02 - tanxarina@tanxarina.es

  • Páxina web do grupo : https://tanxarina.es/gl-ES/bibliotecagalactica

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. Adícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ataulfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza paira sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis... Poderán o rato bibliotecario, Ramón Lamote e Sara enfrontarse ao malvado profesor Smith e á súa intelixencia artificial fantástica? Unha comedia tola e trepidante chea de sorpresas, música e humor, Creado para conmemorar o 75 Aniversario da Editorial Galaxia, esta adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un espectáculo que celebra a amizade, fai unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía e é unha defensa da lectura e os libros.

  • Caché con IVE : 2178.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2448.0 €

  • Técnica