#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DO NOROESTE: POLO DE FRANCO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : TEATRO DO NOROESTE, S.L.

  • Datos de contacto : 636 397 722 - eva@teatrodonoroeste.com

  • Páxina web do grupo : https://www.teatrodonoroeste.com/polo-de-franco-teatro

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que comezou a súa actividade no ano 1987. En todos estes anos produciu montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides, Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis e Romeu e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro, A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Campo Sur, de Lino Braxe ou o musical Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas, de Eduardo Alonso. Tamén realizou montaxes de textos infantís como Piratas, de Eduardo Alonso ou Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Unha das súas produccións foi o musical Imperial Café Cantante, Vigo 1936, de Eduardo Alonso, que recibiría os Premios María Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. E as súas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Último Cowboy recibirían o Premio Max ao Mellor Espectáculo en Galego nos anos 2008 e 2011 respectivamente. Teatro do Noroeste está, nestes últimos anos, levando a cabo un relevo xeracional consciente e planificado. Coa idea de facer deste proceso unha transición ordeada e harmoniosa, estase levando a cabo a convivencia entre proxectos nesta nova liña e proxectos de sempre, habituais en Teatro do Noroeste.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Polo de Franco é a nova montaxe de Teatro do Noroeste, monólogo protagonizada por Luma Gómez. É unha comedia escrita e dirixida por Eduardo Alonso, sobre a figura histórica de Carmen Polo. Carme Polo de Franco, esposa de "A súa Excelencia o Xeneralísimo" . Non lle gusta navegar no "Azor" e sinte especial predilección por Alfonsiño (o Excelentísimo Alcalde da cidade, Don Alfonso Molina). A súa vida transcorre entre as xoierías e os anticuarios da cidade -para espanto dos propietarios-, os seus netos e os compromisos ineludibles que o altísimo cargo do seu marido lle impoñen. É feliz no Pazo de Meirás, e se por ela fose, permanecerían na Coruña máis tempo do que a prudencia obriga. Se xa se celebraban consellos de ministros alí, por que non se poderían celebrar máis. Ademais, Paco, o seu marido, non debería traballar tanto. Dona Carme porfiaba nisto, como todas as mulleres cos seus homes, tanto traballar, tanto traballar e calquera día, toda España, ía ter un desgusto. Hai que ter en conta que a estas alturas do século, 1.958, Paco, o seu marido, ou sexa, o "Xeneralísimo" , xa era avó e cumprira os 66 anos.

  • Caché con IVE : 1950.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2450.0 €

  • Técnica