#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PABLÍSIMO: GABINETE MIRABILIA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL +5 ANOS

  • Duración do espectaculo: 45min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Gabinete-Mirabilia/

  • Sinopsis da compañia :

    Os contos de Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nova proposta de narración oral e obxectos coa que Pablísimos celebra 25 anos enriba dos escenarios! Achéguense ao Gabinete Mirabilia! Aquí poderán apreciar pezas moi peculiares, rarezas, abraios e as máis incribles curiosidades! Marabíllense coa fauna imposible e as criaturas máis extravagantes da natureza! Contemple pequenas obras de arte e escoite misterios inexplicables. Nesta fantástica colección cada obxecto ten a súa historia... ou cada historia ten o seu obxecto? Gabinete Mirabilia é un espectáculo inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades onde se coleccionaban obxectos encantados e misteriosos, aparellos científicos, antigüidades e todo tipo de prodixios.

  • Caché con IVE : 750.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1050.0 €

  • Técnica