#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Redrum Teatro: Nas nubes

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 617 334 627 - redrumteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/nas-nubes/

  • Sinopsis da compañia :

    Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques? Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes? Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

  • Caché con IVE : 2904.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2904.0 €

  • Técnica