#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Mutismoa Teatro: APEGO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +13

  • Duración do espectaculo: 80

  • Persoa representante : Mutismoa Teatro

  • Datos de contacto : 661 656 616 - mutismoateatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.canva.com/design/DAGzJ2ZMOTg/seoUCnU1U8yT9O_FZFQj5A/edit?utm_content=DAGzJ2ZMOTg&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton

  • Sinopsis da compañia :

    Mutismoa Teatro é unha compañía de teatro físico formada por Sergio Llauger e Gema González. Caracterízase polo seu enfoque contemporáneo e multidisciplinar, utilizando a danza, a música e o movemento para contar historias. O seu obxectivo é crear propostas escénicas que equilibren o entretemento coa profundidade, ofrecendo un teatro accesible e reflexivo que chegue a todo tipo de público. A compañía baséase na idea dun teatro popular que incorpora elementos da cultura pop e linguaxes teatrais modernos, conectando coa audiencia contemporánea a través de referencias e estéticas actuais. En 2021 estrean a súa primeira produción, Romeo e Xulieta. Ensaio sobre a frustración, finalista nos premios Xuventude Crea'21. En 2022 lanzan PATÉTICO, unha traxicomedia musical que fusiona autoficción e bufón contemporáneo, incluída no circuíto Dinamizart'23. En 2023 amplían o seu repertorio con Contos Rebeldes. En 2024 participan no festival Clasicoff con Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo. En 2025 participan nas Residencias de La Casa del Teatre Nu (Barcelona) coa súa nova producción APEGO, o Festival Emergencia (Alcorcón) con Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo e no Festival Gorrilla (Vigo) co work in progress de APEGO. Actualmente traballan na producción de APEGO, o seu novo espectáculo dirixido ao público adulto que aborda a teoría dos apegos en colaboración con La Casa del Teatre Nu (Barcelona), a sala O Rebullón (Mos), o Centro Cívico de Teis (Vigo), a Escuela de Teatro Antzokia (Navarra), La Tangente Escénica (Madrid), La Horizontal (Madrid) e artistas de todo oterritorio español.

  • Sinopsis do espectaculo:

    APEGO é un espectáculo que explora como nos relacionamos na época contemporánea. A peza parte da teoría psicolóxica dos estilos de apego pero non pretende dar unha lección académica: queremos poñer o corpo e a voz en escena para que esa teoría se converta nunha experiencia compartida coa que emocionar ao público. A obra transita entre a risa e a fraxilidade de quen actúa. O vagón de metro convértese no espazo onde estamos rodeados de xente e á vez radicalmente sós. Un lugar no que bailaremos, cantaremos e riremos de traumas compartidos.

  • Caché con IVE : 2000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2400.0 €

  • Técnica