#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: A METAMORFOSE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: maiores de 14 anos

  • Duración do espectaculo: 70 min

  • Persoa representante : SARABELA TEATRO

  • Datos de contacto : 629 860 580 - fina.calleja@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística constante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 56 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa maioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel únense na traxectoria da compañía a dramaturxias propias como a de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro. A compañía compaxina as súas producións coa organización e xestión de mostras e festivais para diversos públicos (Miteu, Fito e Moti) e coa docencia (Aula de Teatro Universitaria de Ourense, grupos da terceira idade, campañas de animación á lectura, etc) Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Metamorfose' é a máis célebre novela de Franz Kafka e unha das máis importantes de toda a historia da literatura. (Lectura obrigatoria en 4º da ESO )Sen a menor cerimonia, o texto coloca o lector diante dun caixeiro viaxante o famoso Gregor Samsa transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal.Rescataremos na versión escénica de Carlos Álvarez Osorio a dimensión grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante “slapstick”. Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón, que son? Bechos, insectos

  • Caché con IVE : 4200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4430.0 €

  • Técnica