#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Orquestra de Camarote BAND: A curiosa viaxe da Orquestra de Camarote BAND

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Publico familiar dende os 3 aos 99 anos!

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Solovoz

  • Datos de contacto : 607 791 849 - damianalonso@me.com

  • Páxina web do grupo : https://www.dropbox.com/scl/fi/0210t81l2qscsqom8vkyz/Dossier-Orquestra-de-Camarote-BAND.pdf?rlkey=znyrjp48lfhxco8h5pl3413v7&st=b36r8yjn&dl=0

  • Sinopsis da compañia :

    A Orquestra de Camarote BAND está composta por músicos e teatreiros. A música e as historias son o epicentro desta banda. Os integrantes da banda fan e interpretan distintos roles durante o espectáculo. Actores, músicos, vocalistas, bailaríns e narradores. @s 4 integrantes da Orquestra que proveñen de distintas artes: músicos e profes de música, interpretación, canto e narración, fan de todo durante o espectáculo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A viaxe da Orquestra de Camarote é un espectáculo de teatro musical infantil cheo de fantasía, humor e aprendizaxe. A Orquestra bota a andar dende o sur de Galicia camiño de Compostela, nunha viaxe moi especial. Nesta viaxe van explorando as múltiples rutas que nos levan ao corazón do noso país. Cada vía abre a porta a novas historias, curiosidades, tradicións, festas e personaxes que fan de Galicia un territorio máxico e diverso. Mentres avanzan na súa aventura, as artistas e músicos da Orquestra de Camarote mesturan música en directo, teatro e movemento, convidando ao público máis novo a cantar, bailar e descubrir. Ademais, resulta que durante a viaxe fan unha pequena lembranza doutros lugares e culturas do mundo, e interpretan pequenos bailes e ritmos deses outros lugares que, sorprendentemente, atopan puntos en común coa nosa terra. Un espectáculo dinámico, participativo e cheo de cor que esperta a curiosidade, celebra a diversidade e reivindica a cultura como ponte entre pobos. Unha viaxe perfecta para teatros, auditorios, festivais e programacións familiares de Galicia. Espectáculo de Teatro Musical para público dende os 3 ata os 99 anos.

  • Caché con IVE : 1850.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2150.0 €

  • Técnica