#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Stephanie: Maybelle Llaryora

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12anos

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : Stephanie Maybelle Llaryora

  • Datos de contacto : 660 147 486 - destexeitoproducciones@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1Yfcj_sUVakncB0wtgETfVtC4CIo7Dzk5/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    De Ste Xeito Producións, creada en xaneiro do 2018, nace coa vocación de interpretar historias aliñadas coas nosas inquedanzas xenuínas a través dunha dramaturxia propia. Desexamos tocar ao espectador íntimamente con cada proposta xerando ao mesmo tempo pensamento crítico e emoción. As nosas propostas interrogan sobre a identidade do individuo, sempre fronte un outra; desde unha dramaturxia propia, resultante do procesos de creacíon colectiva, e adaptada especificamente a cada proposta.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Cecilia, Celia e Lía son irmás e non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastados entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, se non fose porque son trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta. Un día reciben a chamada de Carmen, a súa nai para acudir á casa familiar de Cabo Home durante a noite de San Xoan. Señores é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, as que esperan vivir, os medos, rancores e alegrías. Fala tamén de homes, señores que din, que opinan, que cuestionan, que critican, que se alían ou que acosan. Señores é unha comedia que fala de irmás, de nais e fillas e de noites máxicas. Unha comedia feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.

  • Caché con IVE : 3050.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3700.0 €

  • Técnica