#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Mutismoa Teatro: Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Mutismoa Teatro

  • Datos de contacto : 661 656 616 - mutismoateatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.canva.com/design/DAGVInZBlp8/ccafWFDBDZIYguu8ECgD7w/edit?utm_content=DAGVInZBlp8&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton

  • Sinopsis da compañia :

    Mutismoa Teatro é unha compañía de teatro físico formada por Sergio Llauger e Gema González. Caracterízase polo seu enfoque contemporáneo e multidisciplinar, utilizando a danza, a música e o movemento para contar historias. O seu obxectivo é crear propostas escénicas que equilibren o entretemento coa profundidade, ofrecendo un teatro accesible e reflexivo que chegue a todo tipo de público. A compañía baséase na idea dun teatro popular que incorpora elementos da cultura pop e linguaxes teatrais modernos, conectando coa audiencia contemporánea a través de referencias e estéticas actuais. En 2021 estrean a súa primeira produción, Romeo e Xulieta. Ensaio sobre a frustración, finalista nos premios Xuventude Crea'21. En 2022 lanzan PATÉTICO, unha traxicomedia musical que fusiona autoficción e bufón contemporáneo, incluída no circuíto Dinamizart'23. En 2023 amplían o seu repertorio con Contos Rebeldes. En 2024 participan no festival Clasicoff con Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo. En 2025 participan nas Residencias de La Casa del Teatre Nu (Barcelona) coa súa nova producción APEGO, o Festival Emergencia (Alcorcón) con Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo e no Festival Gorrilla (Vigo) co work in progress de APEGO. Actualmente traballan na producción de APEGO, o seu novo espectáculo dirixido ao público adulto que aborda a teoría dos apegos en colaboración con La Casa del Teatre Nu (Barcelona), a sala O Rebullón (Mos), o Centro Cívico de Teis (Vigo), a Escuela de Teatro Antzokia (Navarra), La Tangente Escénica (Madrid), La Horizontal (Madrid) e artistas de todo oterritorio español.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A través da comedia física, o teatro xestual e a danza-teatro, a obra mergulla as espectadoras no proceso creativo, revelando as frustracións e aspiracións de dúas intérpretes que, ao intentar montar este clásico, quedan atrapadas nun ciclo de tolemia e visceralidade. Unha reflexión sobre a síndrome do impostor e a sensación de que unha creación nunca estará rematada. Entrar en crise e ter que continuar. Ser fiel a unha mesma para atopar o camiño.

  • Caché con IVE : 1800.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000.0 €

  • Técnica