#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PAJARITO: A VIDA TOLA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: intantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : CHARLATANA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://www.dropbox.com/scl/fi/ida1l768o16b7n2pb2kvm/DOSSIER-PAJARITO.pdf?rlkey=373fkuuhde91masgklmqlru0p&e=1&dl=0

  • Sinopsis da compañia :

    Natalia Outeiro "Pajarito" é unha actriz, pallasa e directora de teatro e circo con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios e unha ducia de espectáculos ás súas costas vencellados ás artes do Circo. Foi unha das fundadoras de Pista Catro e traballou con outras compañías galegas como Chévere, Panamesiana ou Voadora.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos achéganos ao peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. Pajarito é a número un, e a número dous tamén.... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e con moitas ganas de... "coñecer mundo". Risos garantidos.

  • Caché con IVE : 950.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 950.0 €

  • Técnica