#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Títeres Babaluva: A filla do Cacharulo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar ( + 3 anos)

  • Duración do espectaculo: 45

  • Persoa representante : Miren Mirari Urruzola Tolosa

  • Datos de contacto : 699 692 030 - mirariu@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://youtu.be/SZCv9b_joGg

  • Sinopsis da compañia :

    Títeres Babaluva formase no 2008 con Larraitz e Mirari Urruzola. Dende entón leva máis de 15 anos na produción de espectáculos, con presenza nos máis relevantes festivais, tanto nacionais coma internacionais. No 2013 Mirari continua en solitario, especialízase na creación de escenografías para o xogo ou espectáculos- instalacións para á primeira infancia. Nos espectáculos fusionanse os contos e as cancións para ser representados con títeres incorporando variedade de técnicas dende títeres tradicionais de luva, títeres de mesa ou títeres de obxectos entre outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Este espectáculo, liderado por Mirari, a directora creativa de "A filla do Cacharulo", e acompañado pola destreza musical de Merran Laginestra ao piano, busca non só entreter senón tamén sensibilizar sobre a importancia de protexer os nosos océanos. Como estratexia comercial, Mirari, nas feiras de artesanía monta o seu posto coma se fose unha especie de peixería. Sardiñas, rodaballos, peixes abisais, caranguexos e troitas son a especialidade da casa. Para atraer aos clientes, Mirari, animará o posto contando e cantando historias sobre o mar acompañada da soprano Merran Laginestra, cuxas melodías abrazan dende a profundidade da tradición musical galega ata a elegancia clásica de A troita de schubert e o ritmo contaxioso do jazz " I got rhythm", sen esquecer os momentos de pura improvisación. Con historias como "Quen moito quere todo perde", a fábula de "A raposa e o caranguexo", e o conto "O peixe luminoso" de Italo Calvino, o espectáculo fala da amizade, a cooperación, a creatividade e advirte dos perigos da ambición desmesurada. "A filla do Cacharulo" promete ser unha experiencia inesquecible que deixará unha pegada indeleble no corazón e na mente do público, impulsándoos a formar parte da mudanza cara a un mundo máis xusto, equitativo e sostible.

  • Caché con IVE : 1320.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1320.0 €

  • Técnica