#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Viravolta títeres: Pinocchio “Era unha vez un anaco de madeira"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos públicos

  • Duración do espectaculo: 60 min

  • Persoa representante : Viravolta títeres S.L

  • Datos de contacto : 645 137 031 - info@viravolta.es

  • Páxina web do grupo : https://viravoltatiteres.wordpress.com/musicais/era-unha-vez-un-anaco-de-madeira/

  • Sinopsis da compañia :

    Viravolta títeres fúndase na primeira década dos 80, contribuíndo ao rexurdir case desaparecido teatro demarionetas en Galicia. As súas producións escénicas gravitan na unión da marioneta e o obxecto con outras disciplinas artísticas, a música, a pintura, o deseño, o vídeo etc. A íntima relación entre teatro e música manifestase nas producións da compañía colaborando con solistas, bandas de música, docentes de Conservatorios e nela está a orixe dos espectáculos “A Frauta Máxica”; “ Historia dun Soldado”; “ Peer Gynt”; “ O paxaro de lume”;“ A caixa de música” ou “Marionetas e guitarras". Cos seus espectáculos participaron nos festivais MIT de Ribadavia, FIT deRedondela, Parque das Marionetas de Zargoza, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida... e en festivais de música como a "Semana do Corpus"de Lugo, Festival de música de cámara de Santiago de Compostela " Cameralia", ou Clarinet fest . Son membros da “Asociación Morreu ou Demo” que persegue recuperar epoñer en valor a marioneta popular de Galicia, Barriga Verde, a través de iniciativas e accións. Un traballo recompensado nos “Premios do patrimonio Unima 2024/2025” pola Comisión de Patrimonio,Museos e Centros de documentación de UNIMA (Union Internationale daMarionnette - ONG con estatuto consultivo na UNESCO). Josep Sancho “Difícilmente as obras podrían ser interpretadas con maior expresividade e acerto de estilo”. Así cualifica o Financial Times de Londres a Josep Sancho, gañador do International K. Penderecki Music Competition e un dos clarinetistas máis versátis da súa xeración. Formado en Barcelona con Joan Enric Lluna e na Royal Academy of Music de Londres, foi amplamente galardoado nos concursos de JJ.MM de España, Palau da Música de Barcelona, o Geoffrey Hawkes Clarinet Prize, o John Ireland Chamber Music Competition e o BBC Young Artists Forum en Londres.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Esta proposta escénica é unha adaptación musical do afamado conto de Pinocchio, concibida para narrador e clarinete polo recoñecido compositor italiano Simone Fontanelli. Orixinalmente un encargo da Ópera de Colonia en 2011, nesta versión cobra unha vida nova a través das marionetas de Viravolta titeres, en colaboración co clarinetista Josep Sancho. O clarinete - metáfora viva do "anaco de madeira" que dá orixe a Pinocho - actúa como único instrumento, envolvendo o relato cunha linguaxe sonora contemporánea. Así, renóvanse as aventuras do mítico boneco cunha estética moderna e próxima ao público actual. 0

  • Caché con IVE : 1936.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1936.0 €

  • Técnica