#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fundación Groba: O neno Groba e Música

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil desde 6 en adiante

  • Duración do espectaculo: 55

  • Persoa representante : Fundación Rogelio Groba

  • Datos de contacto : 655 217 941 - fundaciongroba@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://fundacion.rogeliogroba.es/2021/12/13/estreno-de-la-obra-o-neno-groba-e-musica/

  • Sinopsis da compañia :

    Nace no ano 2002 a iniciativa do propio compositor, para catalogar e protexer o legado musical do mestre Rogelio Groba, así como fomentar a súa difusión. Desde os seus inicios, a Fundación Rogelio Groba ven desenvolvendo o seu traballo en base, principalmente, a dous programas. -Programa de dixitalización: consiste na conversión a formato dixital de todo o catálogo do compositor, así como a extracción de particellas de todas as súas obras. Preténdese, deste xeito, poñer a disposición de intérpretes e estudiosos todo o seu legado nas mellores condicións, así como garantir a conservación do seu arquivo mediante a súa duplicacidade. -Programa de difusión: veuse desenvolvendo en varias facetas entre as que destacan a organización de concertos, de produción escénica como a ópera O gato con botas, as gravacións, ou a edición do seu catálogo ata 2007. Actualmente está ultimando o novo catálogo que inclúe as últimas creacións. Nos dous casos, a Fundación Rogelio Groba colaborou con numerosas institucións como a Fundación Cidade da Cultura, a Consellería de Cultura, a Sociedade Xeral de Autores, o Ministerio de Cultura, o Instituto Cervantes, e un longo etcétera. Clasificada “De Interese Cultural” e “De Interese Galego” polo goberno galego no ano 2003. O neno Groba e Música | Eduga (xunta.gal) É fundamental o traballo conxunto da Fundación con dirección escénica, a empresa de videomapping e a de recursos técnicos. En todos os casos, trátase de entidades cunha longa e contrastada experiencia, tanto Qatrogatos como RTA Recursos Técnicos Artísticos, cunha mención especial á dirección e interpretación: Ramiro Neira (Ribadavia, Ourense, 1977) é Diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) e ten moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, narrador oral, produtor e distribuidor de diferentes espectáculos de Teatro. Como actor traballou e traballa con diferentes grupos de Teatro: Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional dá Universidade da Coruña, Teatro dá Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro dá Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán. Desde Xaneiro de 2007 coordina as propostas teatrais de Artestudio Teatro con espectáculos didácticos como A Haima de Agmed, A volta ó mundo en menos dunha hora, Feirantes, Contos no ar ou Valados entre outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Fundación Rogelio Groba e o Centro Dramático Galego achégannos O neno Groba e Música, peza teatral na que se fai unha viaxe polas vivencias do compositor e director Rogelio Groba, dende a súa primeira infancia ata a súa volta ao lugar natal transportándonos así a esa Galicia profunda e máxica onde comezou a súa vocación musical, e onde despois de moitos anos, coa súa volta a Ponteareas, volveu atopar á pequena Música, xunto con “todos aqueles sons que tanto amaba: o canto dos paxaros, o rumor da auga e do vento...A música da natureza, da súa infancia nunha pequena aldea do abeiro do máxico monte de San Cibrao”. Espectáculo de acción actoral, videomapping e música que nos levarán nunha viaxe máxica pola vida do compositor galego Rogelio Groba.

  • Caché con IVE : 3565.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4706.9 €

  • Técnica