#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Vicus: As 3 vidas de Pantalone

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Vicus Teatro

  • Datos de contacto : 672 328 219 - producion.vicusteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.vicusteatro.es/

  • Sinopsis da compañia :

    Vicus Teatro comeza o seu percorrido no ano 2015 co espectáculo A 3 Niveis, que foi Finalista no certame Xuventude Crea dese ano. Durante moito tempo sacou adiante un proxecto didáctico que percorreu os institutos galegos chamado Crónicas. A iniciativa contén tres espectáculos: Crónicas de ouro (sobre o século de ouro español), Crónicas Clásicas (sobre o teatro na Grecia e Roma clásica) e Crónicas da fala (sobre o teatro das Irmandades da Fala). Este último aínda en cartel. No ano 2022 estrea a peza Salón Alfonsina, sobre a poetisa Alfonsina Storni. Ademais de ser Finalista do Xuventude Crea, a obra recibiu premios á Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal. Vicus busca facer un teatro popular, con poucos elementos en escena e que vaia directo os espectadores, falado da xente para á xente.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O vello Pantalone leva anos tratando mal a todo o mundo. Os seus empregados non teñen para comer e incluso o seu mellor amigo Dottore morreu pola súa culpa. Antes do día de nadal, Dottore regresa para advertilo de que tres meigas virán para tratar de cambialo e facer del unha boa persoa. Viaxan primeiro ó seu pasado, onde un novísimo Pantalone trata de namorar a súa amada, a Señora Rosaura, pero fracasa por causa da súa avaricia. A meiga do presente lévao a presenciar como a familia do seu criado Arlecchino ten dificultades para comer. O soldo que lle ofrece non é suficiente e tanto a súa muller Francesquina, como o seu fillo Pulchinella, buscan a forma de matar a fame como boamente poden. E por último, a meiga do futuro mostraralle que clase de lembranzas terá o mundo del o día no que xa non camiñe entre os vivos. Estas viaxes abrirán en Pantalone unha nova forma de ver o mundo e descubrirá que a amabilidade non é unha debilidade, se non todo o contrario.

  • Caché con IVE : 2964.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146.0 €

  • Técnica