#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LUCÍA ALDAO E SAMUEL MERINO: OS NOMES ÍNTIMOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Os-nomes-%C3%ADntimos/

  • Sinopsis da compañia :

    Os nomes íntimos é un proxecto de Lucía Aldao e Samuel Merino onde conflúen a palabra, a música e a intimidade para falar en voz alta das cousas que importan. Os nomes íntimos son aqueles que nos interpelan e que, por veces, portamos involuntariamente e en silencio. Nomes que, non sendo nós, condicionaron tantas veces o noso espazo e o noso tempo vital, facéndonos demasiado visibles e, por contra, case transparentes. Os seus nomes propios son Lucía Aldao e Samuel Merino Lucía Aldao é unha poeta e música da Coruña que leva máis de media vida recitando e cantando nos escenarios máis variados. Poesía escénica para todos os públicos, música, humor e animación cultural son as súas principais ocupacións profesionais. Lidera a banda PAVA, coa que obtivo en 2024 o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie. Samuel Merino é un creador multidisciplinar de Mos (Pontevedra) que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e a súa experiencia no eido das artes escénicas. Os seus nomes íntimos quedan gardados para os espazos de intimidade e confort que se irán creando

  • Sinopsis do espectaculo:

  • Caché con IVE : 910.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1340.0 €

  • Técnica