#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

OSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA: Vicenta Lorca

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Oscar Cobos

  • Datos de contacto : 605 370 252 - oscarcobosciadedanza@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://ocdanza.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A COMPAÑÍA DE DANZA OSCAR COBOS é a segunda compañía fundada polo seu director Oscar Cobos despois duns anos de parón dende a súa primeira e pioneira compañía de danza, GS21. Pioneira porque é a primeira en Galicia, xunto con Nova Galega de Danza, en fusionar a danza folclórica gallega con estilos contemporáneos en termos de técnica e criterios artísticos. Continuando con esta liña creativa orixinal, en 2022 a compañía estrea o seu primeiro espectáculo, Bailador, onde nove bailadoras reivindican o papel das mulleres gallegas como transmisoras do patrimonio inmaterial de Galicia. O éxito da obra levouna a xirar por Galicia, o País Vasco e Navarra. Actualmente está de xira coa súa nova obra, Nove Espellos, onde sobe ó escenario xunto a un elenco co que, sen esquecer as súas raíces folclóricas, afondan na exploración das linguaxes contemporáneas e de contacto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    VICENTA LORCA é unha proposta escénica de mediano formato inspirada nas cartas que Vicenta lle enviou ao seu fillo, reflectindo o mundo da súa nai e a súa relación co seu fillo Federico. Trátase dunha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes, cada un no seu papel, que, ao longo de 60 minutos, mostran a un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta, "A muller que máis amo no mundo" - Federico García Lorca. VICENTA LORCA non é un espectáculo de palabras. É un poema vivo. Unha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico dende o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. Unha viaxe onírica, chea de imaxes poderosas: nacemento, educación, risas, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente ó corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo.

  • Caché con IVE : 6050.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 7000.0 €

  • Técnica