#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Editorial Mago Errante: A viaxe de Nami: Encontros no camiño

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 75 min

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 617 155 428 - daniel.ares.blanco@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.cronicasdelmagoerrante.com/contenido/10-espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    Joshua Kenneth é un artista de orixe galega que viaxa polo mundo realizando actuación de maxia. Apare- ceu en programas como “Got Talent España”, ou na famosa serie americana “Fool us de Penn and Teller” nas Vegas. Tamén traballou en escenarios en China, Europa do leste, Francia e Gran Bretala, e foi invitado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, nos Ánxeles. A súa maxia foi galardoada en competicións de Portugal, España, Bulgaria e Italia, obtendo un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa. Nacho Samena é un xoven lucense que compaxina as súas dúas actividades artísticas: música e maxia. A pesar da súa corta idade, leva máis de 15 anos no mundo da maxia, durante os que levou diversos premios, tales como o segundo premio nacional de cartomaxia no XXXVII congreso máxico ou o primeiro premio do concurso novos talentos do XII festival internacional de maxia Madrid. Román García comezou na maxia dende moi cedo e no 1996 obtuvo o primeiro premio Nacional de Maxia de preto en Vitoria. Dende entón saíu varias veces en diversas cadeas de TV. As súas creacións máxicas foron premiadas en numerosos congresos nacionais e internacionais de maxia. Daniel Ares Blanco: editor, escritor, mago, mestre e ladrón de sorrisos. Dende que fixo a carreira, dedicouse a dar clases, compaxinando con espectáculos de maxia. No ano 2014 abandona a maxia para dedicarse máis á ensinanza e a familia. No seu tempo libre escribe varios libros de fantasía e outros xéneros. No 2023 a súa filla dille que quere facer maxia e xuntos retoman o mundo do espectáculo. A maiores, abre unha editorial para poder publicar os seus libros. Nami Ares Van Puyvelde: nacida no 2016, esta rapaza quedou abraiada cando viu facer maxia. A alegría que sentiu, quere transmitirlla a outras persoas. Por iso convenceu a seu pai para facer un espectáculo. Dende entón, fixo varios espectáculos, querendo seguir actuando aínda máis.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A partir da historia orixinal de A viaxe de Nami, o público acompaña a Nami nunha travesía chea de des- cubrimentos, na que cada encontro no camiño dá lugar á aparición dun novo mago convidado. Cada artista achega o seu propio estilo e a súa maneira de entender a maxia, converténdose nun personaxe máis da historia. Entre actuación e actuación, Nami e o narrador retoman o fío do relato, facendo avanzar a viaxe ata o seu final… ou quizais ata un último encontro inesperado, porque cando unha historia gusta, sempre quedan ganas de ver un pouco máis. Un espectáculo familiar, cheo de humor, imaxinación e sorpresa, que combina maxia, narración e emoción nunha gala diferente, pensada para ser vivida como unha auténtica aventura.

  • Caché con IVE : 3993.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3993.0 €

  • Técnica