#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Myriam González: TÁNGUELA

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 14 minutos

  • Persoa representante : AMARELO Distribución (Lilian Portela)

  • Datos de contacto : 606 185 025 - myriamgonzalezdanza@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1LV9L-9Qe2_ovW27J9Itdv6MhW-cdhxMX/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Myriam González (Ferrol, 2001) é unha bailarina e creadora emerxente baseada na Coruña. Con formación en técnicas en danzas urbanas e contemporánea, actualmente centra o seu traballo no Waacking e na creación contemporánea. Myriam codirixe xunto a Eloi García a compañía Tuatha, dúo de danza que estrea o seu primeiro espectáculo para espazos non convencionais, DOVEA, en xullo de 2023. Forma parte como creadora e intérprete doutras compañías, como o Colectivo D’elas, en É Difícil Fotografar o Baleiro espectáculo de longo formato estreado en abril de 2024 no Teatro Jofre e Velaiquich, amoorch!, espectáculo de improvisación para espazos non convencionais con estrea en Escenas do Cambio 2025. Bernarda, cara de leoparda, produción de Punto Y Waack (cía. integrada por 5 bailarinas de Waacking da Coruña) e OCCO, do colectivo D’elas, foron pezas finalistas no Certame Coreográfico de Compostela nos anos 2021 e 2022. O seu primer solo Hoje venho falar de min foi finalista no certame Me, Myself & I (Madrid, 2024).

  • Sinopsis do espectaculo:

    TÁNGUELA é unha peza de danza que explora a beleza dentro do roto. Un corpo que, ao deformarse, non encaixa nos patróns establecidos convértese no territorio dunha loita íntima: controlar o incontrolable, ordenar o que se escapa, buscar beleza nunha anatomía que se escapa do estándar nun intento desesperado de atopar o seu lugar. A peza indaga na tensión entre o descontrol e a necesidade de orde. Un espazo de doma do seu propio corpo. Perténzolle realmente a este lugar? A este corpo? A este estándar? TÁNGUELA formula unha pregunta esencial: como atopar beleza e identidade nun corpo que insiste en escorregar fóra das normas, fóra do normativo, fóra do esperado. Un corpo que, aínda roto e alienado, continúa buscando un lugar onde encaixar.

  • Caché con IVE : 825.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1200.0 €

  • Técnica