#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

REDRUM TEATRO: A FURIA DA AMANITA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 617 334 627 - redrumteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/a-furia-da-amanita/

  • Sinopsis da compañia :

    Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado. A furia da amanita trata temas universais, contemporáneos e de actualidade como son a guerra e a nosa resposabilidade individual e colectiva con respecto a ela; as relacións parterno-filiais; os conflitos interxeracionais; os traumas da infancia; ou a nosa relación coa morte e a súa aceptación. Trátase dun fabuloso texto cheo de metáforas sobre a nosa relación co medio e a destrución que provoca o ser humano.

  • Caché con IVE : 3146.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146.0 €

  • Técnica