#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ÁRTIKA CÍA: O LIBRO DA SELVA O MUSICAL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +6

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : ÁRTIKA CÍA

  • Datos de contacto : 627 165 468 - artikacia@artikavigo.com

  • Páxina web do grupo : https://artikavigo.com/artika-cia/

  • Sinopsis da compañia :

    Ártika Teatro emprende unha nova aventura creativa coa produción de O Libro da Selva. O musical. Unha reinterpretación teatral e musical do clásico de Rudyard Kipling feita desde unha óptica actual e comprometida, que se materializa nun musical familiar cheo de enerxía, música orixinal, coreografías vibrantes e unha posta en escena de gran forza visual. Como é habitual, Ártika Cía propón un teatro que divirte e emociona, mais que tamén deixe unha pegada profunda, convidando a reflexionar sobre temas tan vixentes como a diversidade cultural, a cooperación, a convivencia interxeracional e a sustentabilidade ambiental. Ademais, o galego, lingua vehicular e identitaria, convértese no centro do proxecto, reafirmando o seu papel como ferramenta cultural contemporánea e como canle emocional para establecer un vínculo profundo co público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A historia segue os pasos de Mowgli, unha nena humana criada por unha manda de lobos, que debe enfrontarse ao desafío de atopar o seu lugar na comunidade. No camiño descobre a amizade incondicional de Baloo, a sabedoría protectora de Bagheera, o misterio hipnótico de Kaa e a ameaza constante de Shere Khan, o tigre que ve na súa presenza un perigo para a orde establecida. Diferentes formas de vivir e entender a vida, pero que finalmente deben unirse para defender a harmonía do seu mundo e garantir un futuro compartido. Unha metáfora do tránsito cara á identidade, da aprendizaxe da cooperación fronte ao medo e do descubrimento de que só na unión e no recoñecemento mutuo pode construírse unha verdadeira comunidade.

  • Caché con IVE : 4700.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5000.0 €

  • Técnica