#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

IXA: 52 BLAU

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 25min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/adulto/iXA/

  • Sinopsis da compañia :

    iXa é un proxecto cultural centrado nas artes do movemento, codirixido por Mariona Jaume e Xián Martínez. En iXa buscan crear espectáculos e proxectos de mediación centradas nas artes do movemento con dramaturxias accesibles que conecten co imaxinario colectivo e poñan o foco na conciencia social, fomentando desta maneira a democratización da danza para toda a cidadanía. Algunhas das súas principais propostas son Con/Sin/In-Tacto, Pioneiras, Yellow Lemon ou Xeración Z.

  • Sinopsis do espectaculo:

    52-BLAU é o intento de sobrevivir a un naufraxio na inmensidade dun espazo infinito. Un lugar onde o individuo afógase no baleiro dun océano cheo de estímulos, xente e información. É case unha oda á adaptación a unha tormenta, un corpo que se atopa coa soidade e trata de non afogar. Esta obra habita a tristeza nun contexto onde os corpos son incapaces de comunicarse. Unha mirada que debaixo da auga só consegue observar o azul intenso do ceo, o mar e o infinito. Unha balea. 52-BLAU é a nova produción de iXa de cinco intérpretes para espazos non convencionais. Nesta ocasión a compañía busca xerar unha experiencia inmersiva na que o público entre, aos poucos, no imaxinario da obra. A obra, que aborda a temática da soidade acompañada, muda e transfórmase en función das características arquitectónicas do espazo ao que se adaptará en cada caso, dando como resultado unha obra única. En total, cinco intérpretes das cales unha non toca o chan durante todo o espectáculo. 52-BLAU, é unha obra cambiante e adaptable, que se pode expor en múltiples formatos, interior, exterior ou semiitinerante e conta cunha versión diúrna con luz natural e unha versión nocturna con iluminación deseñada especificamente. Na súa versión máis completa a proposta iníciase cunha sesión de DJSET cun artista local, previa ao espectáculo, onde o público habitará o espazo que posteriormente será ocupado pola propia obra e que, a continuación, será a escenografía natural da peza. Idea orixinal: Xián Martínez Dirección artística: Elena Castellanos e Xián Martínez Coreografía e interpretación: Elena Castellanos, Xián Martínez, Miguel Arévalo, Julia Miralles e Raúl Melcón. Cover: Mª José Casado. Espazo sonoro: Alejandro da Rocha Deseño de iluminación: Fermín Izko Vestiario: Nico Barcala, Noelia Picadizo e Celia de Rois Produción: Paula Urquijo e Xián Martínez Coprodución de iXa con Centro Coreográfico Galego (Xunta de Galicia), Dança Metropolitana, Festival Mudanzas (Ayuntamiento de Cartagena), L’Obrador Espai de Creació, Residencias Atopémonos Bailando, LEstruch Fabrica de creació e Belarts. VERSIÓN INMERSIVA: 20/30 MIN DJ SET + 40 MIN PERFORMANCE. VERSIÓN NÚCLEO: 40 MIN. VERSIÓN CORTA: 20-25 MIN.

  • Caché con IVE : 4235.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6050.0 €

  • Técnica