#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Bátega Teatro: O PANO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: MAIOR DE 12 ANOS

  • Duración do espectaculo: 55 MINUTOS

  • Persoa representante : María Raquel López Cendán

  • Datos de contacto : 649 612 920 - raquel.lcendan@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://bategateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Bátega é un proxecto multidisciplinar que mestura monólogos e cancións, humor, partituras físicas e filosóficas, contos, harmonías que falan... coa intención de percorrer e transmitir toda a paleta imaxinable de emocións.En 2015 presentaron o seu primeiro traballo: A fábrica e a tristura en Vilamartín de Valdeorras. Ao que seguiron: A síntese (2016), A dúbida e a doutrina (2016) e Amordazadas (2018). En decembro de 2020 estrean no Valadouro O Mundo de Martiña, o que supón o seu comezo no teatro profesional. En setembro de 2024 en Meira estréase O Pano

  • Sinopsis do espectaculo:

    O Pano reflicte a vida de dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal. Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Celia acaba de chegar ao limbo. Lembra o ensino da II República, o terror da Guerra Civil e a posguerra, escuro período no que coñece a Mario, un maltratador que lle deixou unha fonda cicatriz. Celia afrontou esa dor desde unha heroicidade pouco convencional. Coa axuda de Soidade, a fraga, a súa horta e a forza de todas as súas devanceiras, reconstruíu a súa vida. Sau 43 acaba de fuxir por unha fendedura temporal. No ano 2040, no que vive, todas as persoas levan un microchip desde a secura do 29, todas as mulleres e boa parte dos homes foron xulgadas públicamente e a agresividade medra cada día. Ou mudamos o presente ou non temos futuro. Mirémonos aos ollos, sintamos, choremos, riamos e non sucumbamos endexamais.

  • Caché con IVE : 1650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1650.0 €

  • Técnica